www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Concentración contra a violencia de xénero
Institucional • 12/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A praza do concello acolle hoxe luns ás 20:00 horas a concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de marzo e que fora adiada pro mor do mal tempo. Mulleres do Círculo Cultural de Chapela serán as encargadas de ler o manifesto nesta ocasión. Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.


Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.


O acto, que se desenvolverá hoxe luns 12 de marzo na praza do Concello ás 20:00 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Círculo Cultural de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: