www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

A cidadanía denuncia a perda de liberdades
Sociedade • 12/03/2018
Autor: Ana Prieto

A liberdade de expresión está "en suspenso" segundo unha boa parte da cidadanía, logo de coñecer o secuestro cautelar do libro Fariña, a condena de prisión para o rapeiro Valtonyc, e a retirada de Arco da mostra Presos políticos. Tamén en Redondela se retirou hai uns meses a mostra Criminalización do pensamento, o que foi culificado polos grupo da oposición como un "atentado á liberdade de expresión".


A ONG Aministía Internacional denuncia os retrocesos que experimentou a liberdade de expresión en España e considera que este dereito se restrinxiu de forma "desproporcionada" en 2017. En pouos días o rapeiro Valtonyc foi condenado a tres anos e medio de cárcere pola letra das súas cancións, unha xuíza ordenou o secuestro cautelar dun libro sobre o narcotráfico galego e da feira ARCO foi retirada unha serie de 24 fotografías titulada "Presos políticos na España contemporánea". O caso de "Fariña" tivo especial repercusión en Galicia, e tamén en Redondela, onde a medida xudicial lle deu máis publicidade ao libro e á serie de TV que se estreou hai unhas semanas. Veciños como Noemí non entenden estas "restriccións" na liberdade de expresió. As políticas do goberno, coa "lei mordaza" e o endurecemento do Código Penal están detrás destes recortes de dereitos e liberdades, segundo veciños como Castor, que semellan retrotraernos e épocas pasadas. En Redondela a exposición "Criminalización do pensamento", organizada polo Colectivo Republicano, foi retirada do Multiusos da Xunqueira foi retirada tras as queixas do Corpo Nacional de Policía ao considerar que as imaxes "fomentaban o odio" cara a este corpo. Unha decisión que moitos non comparten, ao entender que debe respectarse "a liberdade de expresión". Son moitos os redondeláns que non entenden que políticos corruptos sigan na rúa "mentres cantantes de rap van a prisión". No caso da exposición retirada en Redondela, o pleno aprobou unha moción do Colectivo Republicano para que se restituise a mostra grazas aos votos dos grupos da oposición. Con todo, o goberno local aínda non adoptou esta medida.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: