www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

A confraría de Redondela retoma a campaña nas praias contra o marisqueo furtivo
Institucional • 14/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Carteis coa lenda "non comer marisco sen depurar. Perigo sanitario" poden verse xa na praia de Cesantes. Unha iniciativa que anualmente pon en marcha a Confraría de Redondela co obxectivo de reducir o marisqueo furtivo.


Durante a fin de semana membros da confraría colocaron varios carteis nos que advirten do perigo sanitario de comer marisco sen depurar. Con campañas como esta tentan eliminar unha práctica común entre moitos veraneantes, que aproveitan a súa visita aos areais para recoller marisco que consumen sen depurar incluso na propia praia.


Esta práctica supón un dobre problema, por unha banda o estrictamente sanitario xa que o consumo do marisco sen pasar previamente pola depuradora pode conlevar consecuencias sanitarias, pero tamén supón esquilmar os recursos marisqueiros.


Os carteis instaláronse entre A Portela e Cesantes onde se cultiva ameixa e sobre todo berberecho. Unha campaña que se repite anualmente para concienciar aos usuarios das praias e evitar o marisqueo furtivo.
Veda do choco


Pro outra banda a entrada en vigor da prohibición do tramallo para a pesca do choco causou malestar na confraría. Unha medida transitoria imposta pola Consellería do Mar e que os pescadores acatan ante a necesidade de preservar o choco da ría, pero que cualifican de contraditoria xa que mentres se impón a veda para os traballadores da confraría se mantén aberta a pesca do choco para os pescadores deportivos, quen manteñen a posibilidade de extraer ata cinco kilos de choco todos os días.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: