www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018

Xornadas formativas para promocionar o noso negocio a través da Internet
Sociedade • 2/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Autónomos, comercios e empresas están cada vez máis presentes na rede. Máis que unha opción, a día de hoxe é xa un requisito indispensable para sobrevivir nun mercado no que o cliente busca, se informa e compra -produtos ou servizos- a través da Internet. A consultora local Onthebus en colaboración coa Asociación de empresarios de Redondela  organizan o mércores 11 e xoves 12 dúas xornadas para achegar aos interesados unha formación intensiva en marketing dixital. Cada unha das actividades ten un custe de 5 euros para os asociados ao colectivo empresarial, 8 euros o resto dos participantes.


Unha formación intensiva que se desenvolverá na sede da Asociación de Empresarios o mércores e xoves da vindeira semana en horario de tarde, a partir das 20:30 horas.


Os asistentes terán a oportunidade de achegarse ao marketing dixital en dúas sesións prácticas nas que se falará de SEO básico e mini web.


A primeira das citas correrá a cargo de Pablo Arias experto en creación e mellora de páxinas web. Abordarase nesa sesión cuestións básicas e de carácter práctico que facilitará aos participantes coñecer como contratar un dominio web, saber que é un servidor, que pasos básicos hai que dar para crear unha páxina, onde atopar modelos ou cales poden ser os máis útiles das existentes.


Wajari Velasquez será o experto que o xoves aborde a cuestión do posicionamento SEO, é dicir, como podemos lograr que a nosa páxina web sexa das primeiras posicionadas cando facemos unha búsqueda en google.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: