www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Os redondeláns reducen as súas vacacións por mor da crise
Sociedade • 23/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Diminúen gastos elixindo hoteis de menor categoría e reducindo o número de días fora da casa. os destinos máis demandados seguen a ser as Illas e o Caribe



As vacacións están a verse afectadas directamente por mor da crise económica. Ben por unha cuestión psicolóxica ou porque os ingresos teñen diminuído, os redondeláns optan por reducir os días que pasan fora da casa e substitúen os hoteis de catro e cinco estrelas por outros de menor categoría.



Con todo, os destinos elixidos seguen a ser os mesmos que en anos anteriores. Nun intento por asegurarse o bo tempo reservan praza nalgún hotel das Illas Canarias ou Baleares. Hai quen, dispoñendo de máis cartos e tempo prefiren unha vacacións no Caribe, concretamente en Cancún ou Santo Domingo, destinos turísticos por excelencia que teñen reducido os seus prezos precisamente para adaptarse á conxuntura internacional. As axencias ofertan tamén circuítos culturais e itinerarios relixiosos.


Dende a Axencia Airbus de Redondela recomendan reservar con antelación as viaxes "o que permitirá acceder a prezos máis económicos” e lembran que as mellores ofertas atopámolas fora de temporada, a partir do 12 de setembro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: