www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Abril de 2018

Soutomaior organiza unha ruta en seis etapas polo Camiño de Santiago
Cultura • 12/04/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Turismo do Concello de Soutomaior está a preparar a realización do Camiño de Santiago por etapas que se iniciará o próximo 1 de maio. En total seis percorridos con saída dende Tui e chegada a Santiago no último dos traxectos previstos o 3 de xuño. As inscricións poderanse realizar ata o 24 de abril no Concello e no Pavillón de Deportes, e terá un custo de 10 €.


A proposta divide o camiño nun total de seis etapas, sendo a máis longa de todas elas a de 24,4 kilómetros entre Valga e Milladoiro. Haberá un autobús que se encargará da recollida dos participantes e o seu traslado aos puntos de principio e final de etapa.


O percorrido divídese en 6 etapas, sendo a primeira a que percorrerá o día 1 de maio os 18,7 quilómetros que separan Tui de Porriño.


O resto repártense da seguinte maneira:


    2ª Etapa: 5 de maio - Porriño/Arcade - 21,5 Km


    3ª Etapa: 12 de maio - Arcade/Barro - 23,3 km


    4ª Etapa: 17 de maio - Barro/Valga - 23,3 km


    5ª Etapa: 26 de maio - Valga/Milladoiro - 24.4 km


    6ª Etapa: 3 de xuño - Milladoiro/Santiago - 8 km


A idade mínima para participar é de 15 anos a condición de que vaian acompañados por un adulto responsable.


Hai unhas prazas mínimas para realizar a actividade e as prazas máximas están limitadas por orde de inscrición con preferencia aos empadroados no Concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: