www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O circo italiano Arturello di Popolo abre o programa do Festival Internacional de Artistas de Rúa
Cultura • 23/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Espectáculos chegados dende Colombia, Inglaterra ou Bulgaria son algunhas das propostas que nos deixa o festival na súa décima edición que se vai desenvolver na noite de venres e sábado


A Alameda de Redondela convértese durante dúas noites nun gran escenario polo que van pasar espectáculos variados que inclúen a música, o teatro e as artes circenses.
As actuacións arrancarán ás 21:00 horas coa proposta que nos deixa o circo italiano Arturello di popolo, a quen seguirá a performance do inglés Toilet Man.
Tamén o vernes poderemos ver a actuación de Teatro del botón ou Los Kikolas así como escoitar a música de arpa que nos propón Marcos Molina.
Actuacións paralelas que segundo o organizador do evento, Luis Crespo "pretenden recuperar o espíritu das primeiras edicións".
O sábado o encargado de iniciar o espectáculo será unha performance a cargo de Boby-Ritsary a quen seguirá a representación galega, o teatro Viravolta.
Para o fin de festa resérvase o espectáculo do Capitan Maravilla "todo un referente no mundo do teatro de rúa que conta coa improvisación e o xogo co púlico como maior atractivo".
 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: