www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Alumnos do CEIP Santo Paio de Abaixo coñecen o xardín botánico do Parlamento
Institucional • 6/06/2018

Un grupo de 41 estudantes de 6º de Primaria do CEIP Santo Paio de Abaixo de Reboreda coñeceron onte o Xardín Botánico do Parlamento de Galicia, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Alumnos e mestres visitaron o Parlamento, onde recibiron información sobre o xardín, formado por especies autóctonas e situado no recinto do Pazo do Hórreo.


O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, que se sumou á visita, animou aos participantes a asumir o chamamento efectuado este ano pola Organización das Nacións Unidas no Día Mundial do Medio Ambiente para rexeitar o plástico descartable. É dicir, reducir a contaminación por plásticos, que ameaza a vida mariña e humana, e destrúe os ecosistemas naturais, segundo advirte a ONU.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: