www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Ábrelle a porta á discapacidade sensorial
Sociedade • 6/06/2018
Autor: Lorena Otero

Sabes que é a discapacidade sensorial? Baixo esta pregunta a Asociación de Xordos de Galicia organiza este venres no Multiúsos da Xunqueira un obradoiro no que se informará e sensibilizará sobre este tipo de patoloxías que padece, segundo as estatísticas, un membro de cada fogar. Preguntas como que é a xordocegueira, que sistemas de comunicación existes ou as axudas técnicas que se poden empregar,  serán resoltas nesta xornada formativa, aberta e gratuíta, que pretende normalizar a vida destas persoas.


Desmitificar moitos dos concepto que aínda hoxe en día existen sobre as persoas que teñen discapacidade sensorial é o obxectivo desta xornada formativa que a organización Xoga celebrará o día 8 de xuño, ás 20.00 horas. Malia que hai moitas persoas con problemas de visión ou auditivos na sociedade estas patoloxías son pouco coñecidas, o que é básico, segundo recoñece a presidente do colectivo, María Jesús Monterde, para poder desenvolver unha vida con normalidade xa que son numerosos os dereitos e recursos aos que se pode acceder e que permiten a integración.


A prevención é fundamental para poder atallar este tipo de discapacidades sensoriais que habitualmente se relaciona coa poboación de maior idade pero que tamén se poden detectar nas idades máis temperás porén anima a buscar información e dar visibilidade a esta situación porque hai unha solución para cada persoa.


Monterde destaca a Redondela como un concello inclusivo non só no ámbito administrativo senón tamén social dada a boa acollida que están tendo as actividades que veñen desenvolvendo nos últimos meses como os cursos de lingua de signos, os contacontos, ou a posta en marcha do bucle magnético nos Multiúsos e no Casa do Concello, unha tecnoloxía que permite escoitar con nitidez un evento cultural a aquelas persoas que presentan problemas de audición e usen audiófonos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: