www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Rande acolle a presentación de "20.000 leguas baixo os mares" de Verne con lectura fácil
Institucional • 11/06/2018
Autor: Ana Prieto

O museo Meirande acolleu a presentación do clásico de Jules Verne, o primeiro volume dunha nova colección de literatura adaptada e accesible que impulsan a Editorial Galaxia e a Asociación Juan XXIII. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou que a lectura fácil "permite o acceso a contidos en galego comprensibles para todas as persoas".


A adaptación permite a lectura en galego mesmo para persoas que presentan algún tipo de discapacidade intelectual, que non teñen estudos ou que son inmigrantes con escaso dominio do idioma. Xunto co secretario xeral, participaron na presentación María Carmen Puga e Diego Chapela, vicepresidenta e coordinador de programas culturais e da adaptación de "20.000 leguas baixo os mares" da Asociación Juan XXIII, respectivamente; e Francisco Castro, director de Galaxia. A nova colección Lectura Fácil de Galaxia ábrese coa novela 20.000 leguas baixo os mares, do escritor francés Jules Verne. A escolla desta obra, así como do redondelán lugar de Rande como marco para a súa presentación, non é casual. Este ano conmemóranse os 150 anos da entrada do submarino onde se desenvolve a trama desta narración, o Nautilus, na ría de Vigo, segundo relata Verne na novela. Ademais, tamén se cumpren 140 anos da primeira visita do escritor francés á cidade e á ría de Vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: