Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Tardes de contos e música na Biblioteca de Chapela
Cultura • 12/06/2018
Autor: Ana Prieto

A Biblioteca Municipal de Chapela, no Piñeiral do Crego, acolle esta semana dúas sesións de contacontos. Mañá mércores a cita é para os máis pequenos coa obra "Comerá o bebé?", para cativos de 6 meses a 3 anos. O venres o público familiar poderá gozar do contacontos musicado "O soño de Esther". Os dous con entrada de balde.


A cita de mañá mércores é ás 18.00 horas con Cris de Caldas e a obra "Comerá o bebé?" para nenos de 6 meses a 3 anos, acompañados dun adulto. a inscrición debe facerse na Biblioteca de Chapela, no teléfono 986454226 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal. O venres día 15, ás 19:00, é a quenda dun contacontos musicado con Miguel Ángel Alonso Diz e a Escola de Música de Chapela. O poeta, autor de literatura infantil, estará acompañado pola pianista da Escola de música de Chapela na narración da historia "O soño de Esther". Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela, achega a súa composición musical orixinal para este conto. A actividade está pensada para público familiar e a entrada é libre.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: