www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Un detido por circular sen permiso de conducir
Sucesos • 13/06/2018
Autor: Ana Prieto

A policía nacional detivo a un home que a pasada tarde circulaba realizando estrañas manobras polas rúas de Redondela, imputándolle por iso un delito contra a Seguridade do Tráfico. O varón, que non dispón de permiso de cirulación, puxo en perigo ao resto de usuarios da vía. O detido conta xa con 19 antecedentes policiais, sendo varios deles por delitos similares.


Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de vinte anos de idade, veciño de Redondela, por un delito Contra a Seguridade do Tráfico. Os feitos tiveron lugar á primeira hora da tarde, cando unha dotación policial que realizaba labores de prevención da delincuencia polo barrio da Nogueira observou unha furgoneta que realizou un xiro estraño saíndo a gran velocidade do lugar. Comprobados os datos do vehículo, unha dotación que circulaba pola zona das rúas Hospital e Campo dass Redes, descubriron ao conductor cando tentaba estacionar. Tras identificalo puideron comprobar carecía de permiso de conducir, polo que procederon á súa detención, así como ao traslado do vehículo ao depósito municipal cun guindastre. Unha vez en Comisaría realizouse unha comprobación das bases de datos na que se confirmou que o detido contaba con 19 antecedentes policiais anteriores, sendo varios deles por feito similares. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: