www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Visita guiada a San Simón para celebrar o Día da Patria
Política • 5/07/2018
Autor: Lorena Otero

O Bng organiza o 15 de xullo unha visita guiada á illa dentro dos actos que prepara o partido polo día 25. O deputado nacionalista Luís Bará, que foi un dos impulsores de recoñecer este emprazamento como “Illa da Memoria” será o encargado de dirixir a visita. O custe da actividade será de 10 euros, cinco para menores de entre cinco e doce anos. A inscrición debe facerse antes do venres, 13 de xullo no teléfono 671678120.


Os nacionalistas queren que esta sexa unha “xornada de festa e de reivindicación” e por iso escolleron a illa de San Simón, que no seu pasado foi un “dos peores cárceres do franquismo”.


O encargado de guiar a visita será o deputado do Bng no Parlamento Galego, Luís Bará, que en 2006 era Director Xeral de Cultura e un dos impulsares da illa de San Simón como “Illa da Memoria”. Fará un percorrido polo que simboliza e polo seu pasado.


O Bng de Redondela anima a veciñanza a participar nesta actividade e coñecer de primeira man a “verdadeira historia da illa”, unha historia que segundo denuncian “tanto dende a Xunta como o propio concello pretende agochar.


A barco sairá ás 11.30 horas dende o Museo Meirande e regresará ás 14.00 horas. O custe da actividade é de dez euros, cinco para os nenos menores de doce anos e para os menores de cinco será de balde. Para participar é necesario inscribirse antes do 13 de xullo no teléfono 671678120.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: