www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Redondela vístese de traxe tradicional galego
Cultura • 5/07/2018
Autor: Lorena Otero

O adro da Igrexa de Santiago converterase nunha pasarela da vestimenta tradicional do noso pobo. A Asociación Etnográfica Sete Espadelas celebra a terceira edición deste encontro no que ademais de traxes masculinos e femininos, xoias e aderezos tamén se poderán ver vestimentas cedidas por familias redondelás. Unha actividade que estará amenizada por cantes e bailes tradicionais.


O traxe rexional galego reivindicase un ano máis no noso municipio, e xa van tres, co desfile “De gaita e tamboril”. Neste caso o lugar escollido foi o adro da Igrexa de Santiago que se converterá por unhas horas nunha pasarela de moda tradicional galega. Haberá un conxunto de variadas pezas, tanto femininas como masculinas, de vestimentas para diferentes ocasións, xoias e aderezos. Moitos deles pezas antiquísimas, recuperadas do esquecemento e que locen neste desfile no seu mellor aspecto. Tamén se poderán contemplar outras pezas que son copias ou recuperacións doutras xa perdidas e que completan a indumentaria dos modelos tanto mulleres como homes.

Nesta ocasión ademais, con motivo da celebración deste terceiro encontro, haberá pezas do vestiario  de familias de Redondela, que as cederon para a ocasión. O desfile comezará a partir das 21.00 horas.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: