www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Maridaxe de marisco e habaneras en Chapela
Sociedade • 6/07/2018
Autor: Lorena Otero

O paseo marítimo acolle este domingo a celebración da Festa da Navalla, que no súa terceira edición se consolida como cita gastronómica do verán redondelán. Á prancha, á mariñeira ou en empanada de millo ou trigo poderemos degustar o molusco a partir das 12.00 horas e até as dez da noite. Unha cita que se pechará co VIII Festival de Corais de habaneiras e música mariñeira que contará coa participación de tres agrupacións.


Música e gastronomía compoñen a maridaxe desta fin de semana en Chapela. O Centro Cultural e Recreativo da parroquia organiza a terceira edición da Festa da Navalla, que cada ano atrae a máis público e que quere ser un punto de atracción turística para Chapela.

Dende as doce do mediodía e até a noite poderase degustar este molusco en distintas preparacións . Non faltará a música coa agrupación de pandereteiras “Anaquiños” , o Grupo de Gaitas de Vilar e a agrupación do propio centro, “Tarabelo”. Música tradicional galega que será a encargada de pórlle son a esta cita gastronómica que terá como colofón a oitava edición do Festival de Corais de habaneiras e música mariñeira no que participarán a Coral Polifónica de Baredo, Noia e “Frol Nova”.


O sábado organizan unha actuación, como peche de curso, dos grupos de pandeiretas e acordeón do propio Centro Cultural,  a partir das 20.00 hora, e a actuación da Banda de Música de Redondela.


 


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: