www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

A SAR, canteira de talento
Deporte • 10/07/2018
Autor: Lorena Otero

O balonmán local é reflexo do bo traballo que se está a facer nas bases do deporte local. Dous nomes propios: Carla Rivas e Eloy Krook. Xogadores que reflicten a importancia do traballo de base para chegar ao deporte profesional. Ambos comezaron no balonmán coa SAR e agora xa levan o nome de Redondela por toda España. Carla no Sporting de la Rioja, onde repite esta tempada e Eloy estréase en Córdoba, co Palma del Río, ambos en División de Honra Prata.

 


Aproveitan estes días de vacacións para visitar Redondela, a familia e os amigos pero sen perder de vista a volta á competición. Un traballo duro e diario para o que, segundo din,  moito lles está a valer os seus primeiros pasos na SAR. Xogadores que só son dous dos exemplos do talento que exporta a canteira redondelá e que lles permite encamiñar a súas vidas profesionalmente nesta modalidade deportiva.


Aínda que con diferenzas notables. Mentres que no caso de Eloy pode dedicarse a tempo completo ao balonmán no caso de Carla o balonmán non é dedicación exclusiva. Malia que a xogadora recoñece que algo se avanzou na igualdade nos últimos anos, cando era imposible ver balonmán feminino nos medios de comunicación, aínda queda moito para a equiparación e que poidan ter as mesmas condicións que os conxuntos masculinos.


Pero os dous ven o  seu futuro ligado ao balonmán. Polo momento xogando e adestrando duro para atopar un oco na elite deste deporte. Carla Rivas poderémola ver no Sporting de La Rioja e Eloy Krook no Palma del Río logo do seu paso polo Villa de Aranda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Carla Rivas
Comezou na SAR logo fixo parada no Porriño e agora xoga no Sporting de La Rioja
Balonmán feminino
Rivas destaca o bo momento que está a vivir o balonmán feminino en Redondela e fala das desigualdades que teñen que vivir
Eloy Krook
Formado nas bases da SAR o seu futuro a próxima tempada está en Córdoba na División Prata
Competitividade
Son ligas moi competitivas nas que se require un elevado grao de esixencia.