www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Comezan a construción do colexio Igrexa na Finca da Ginaria
Institucional • 18/07/2018
Autor: Lorena Otero

 

Audasa iniciou oficialmente este mércores os traballos para a construción do novo centro educativo que deberá estar rematado en xuño do próximo ano e en funcionamento en setembro de 2019 coincidindo co inicio do curso. Ademais do colexio tamén se realizarán obras de urbanización para mellor a accesibilidade e seguridade dos accesos.


Até o curso 2019-20 terán que agardar o alumnos do centro de primaria e infantil, afectado pola ampliación da autoestrada, para estrear o novo centro. Veñen de iniciarse estes traballos coa redacción da acta de replanteo e comezo de obra por parte da concesionaria da Autoestrada do Atlántico que será a encargada da construción do centro a pouco máis de medio quilómetro da súa localización actual.


Unha cambio de localización que responde á demanda feita dende o propio centro así como os pais e nais dos alumnos e a propia corporación municipal, logo de que a ampliación da autoestrada deixase o colexio Igrexa pegado a un dos carrís da vía, co consecuente perigo para a seguridade do alumnos. Presións que obrigaron a Audasa a restrinxir a circulación polo carril máis próximo ao centro educativo durante o período lectivo.


Ademais das obras de construción do novo edificio, o concello de Redondela está a executar traballos na zona para adecuar os accesos a actividade educativa.


O Alcalde de Redondela, Javier Bas, xunto a varios membros do seu equipo de goberno así como o equipo directivo do centro e membros da ANPA estiveron na zona onde se vai a situarse o colexio coa empresa que adxudicataria, representantes de Audasa e o Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Cesar Pérez Ares, para informar sobre como se van a executar as obras e os prazos que se manexan. Segundo apuntan dende o goberno local o centro debería estar rematado en xuño do próximo ano e será dotado de mobiliario antes do inicio do período lectivo en setembro de 2019.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: