www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

Teatro, música e lume na fin de semana en Redondela
Cultura • 25/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Cesantes acolle na noite do sábado o I Festival Folk Illa de San Simón coa actuación estelar dos Caruchos. No Multiusos ponse en escena a obra Cachai da Compañía Miroscopio e na Peneda o lume será o protagonista na Festa dos Fachos. Por outra banda San Simón acolle o domingo o concerto do californiano Ariel Pink.


A Compañía Miroscopio presenta a obra Cachai no Día Mundial contra a tortura


A representación terá lugar mañá sábado ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira.


Baseada nun feito real ocorrido na noite do golpe de estado de Pinochet contra o goberno chileno, Cachai conta a historia de subsistencia de dous mozos que perseguidos polos militares e logo de perderse dos seus pais, vense obrigados na súa fuxida a vivir dentro dun nicho dun cemiterio chileno durante dous anos.


Adán Rodríguez, Juanjo Rei e Daviz Gómez-Bendito, son so protagonistas desta obra que conta con dramaturxia e dirección de Pepe de Jiménez. Despois da súa estrea en Alacante e de pasar por numerosas cidades como Barcelona, Madrid, Valencia, Pontevedra ou Vigo mañá a compañía chaga a Redondela.


Festival folk


Tamén ás 20:30 horas a praia de Cesantes acollerá a celebración do I Festival Folk Illa de San Simón coa actuación do rancho folclórico de San Martinho de Penacova, as pandereteiras As garatuxeiras ou os grupos de baile de Cesantes e A lanzada entre outro. O fin de festa correrá a cargo de Os Carunchos


Pop en San Simón


E os que prefiran a música pop-experimental a cita é na propia Illa de San Simón co concerto que o domingo ás 20:00 horas ofrecerá o músico californiano Ariel Pink. As entradas pódense adquirir no enderezo www.servinova.es ao prezo de 15 euros que inclúen o acceso ao concerto, unha consumición e o traslado de ida e volta en barco


As outras dúas citas da fin de semana lévano ao monte da Peneda que acolle un ano máis a partir das 23:30 horas de mañá a tradicional festa dos fachos e o último dos roteiros incluído no programa da Plataforma Cidadá polos montes das parroquias. Partirá ás 10:00 horas dende o campo de fútbol de Reboreda para percorrer os montes desta parroquia e Quintela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: