Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

O equipo Mola C.P faise co Mundialito da Xunqueira na quenda de penaltis
Deporte • 30/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Tarde emocionante a vivida este sábado na Pista da Xunqueira cunha final moi igualada que chegou ata a quenda de penaltis logo de que Mola C.P e Hamburguesería Carletto chegaran ao remate do tempo de xogo cun empate no marcador. Finalmente sería Mola C.P quen se faría co torneo no que un dos seus xogadores, Pablo García recibiría o trofeo ao mellor xogador, mentres que o premio ao equipo máis deportivo sería para Café Royal Picasso.


Logo dun intenso mes de futbol sala na pista da Xunqueira, este sábado celebrouse a xornada final co esperado encontro entre os dous finalistas.


Hamburguesería Carletto e Mola C.P. enfrontáronse nun partido de gran intensidade e verticalidade con dominio dos segundo dende a primeira parte. Con todo, a presión de Hamburguesería Carletto daría os seus froitos permitíndolles empatar ao encontro ata chegar a quenda de penaltis na que finalmente se imporía Mola C.P. por 5-4.


Previamente disputouse a final a final Cadete entre os equipos Mapfre Redondela e Campito F.S. Emocionante encontro no que a calidade dos xogadores de Mapfre conseguiron desequilibrar a balanza ao seu favor.


Nesta categoría foi nomeado mellor xogador Arturo Camiña do Brais Sport e máis Eloy Rodríguez de Mafre. O premio a deportividade foi para os xogadores de A tasca de Moita.


Ás 22:00h comezou o acto de clausura no que se fixo entrega dos trofeos aos equipos campións así como os premios individuais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: