www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

Polémica en Chapela pola falta de fondos da Comisión para pagar as Festas do Carme
Cultura • 30/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Fin de semana que se prevía de festa na parroquia de Chapela que un ano máis celebraba as Festas do Carmen. Unha celebración que quedou a medias logo de que o sábado as orquestras contratadas decidiran non subir ao escenario supostamente porque non tiñan garantido o cobro da actuación. Si actuaba onte o grupo 3.Com. Facíao con cargo ás arcas municipais logo de que o Concello anunciara que "ante a complexa e excepcional situación que se está vivindo nas Festas do Carme o Concello de Redondela asume a actuación musical".


Un programa modesto o que presentaba as Festas do Carmen de Chapela que, malia todo, non puido levarse a cabo. Non hai unha explicación por parte do presidente da comisión pero, segundo fontes municipais, o problema responde a unha cuestión económico. As actuacións que estaban previstas para o sábado teríanse suspendido no último momento, unha vez que os grupos que ían subir ao escenario souberon que non tiñan garantido o pago. Tamén estaba previsto suspender a actuación do domingo ante esa falta de liquidez, pero finalmente o goberno local decidiu asumir o custe da actuación a cargo do grupo 3.com para evitar que Chapela quedara sen festa. Tamén tivo lugar a tirada de fogos de artificio, que neste caso si estaba pagada previamente.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: