www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Atentado contra símbolos republicanos e feministas en Redondela
Sociedade • 30/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A placa colocada na praza da II República o pasado 14 de abril polo Colectivo Republicano de Redondela aparecía tachada. O mesmo acontecía con textos pintados polo colectivo Paxaretas en diferentes muros da vila. Frases como Aborto libre e gratuíto ou Eu son dona do meu corpo!! que aparecían cunha cruz vermella enriba.


A Asemblea Feminista Paxaretas denuncia unha nova agresión á liberdade das mulleres logo de que varias pintadas aparecesen tachadas. Responsabilizan deste feito "á dereita máis casposa que non leva nada ben que as mulleres poidamos decidir sobre o noso corpo".


Pero non son estes os únicos actos vandálicos dos últimos días. Segundo denuncia dende o Colectivo Republicano, a placa de metacrilato colocado este 14 de abril na Praza da II República aparecía pintada co obxecto de facer ilexible o texto que recolle.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: