Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Redondela pide a Declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para As Penlas
Cultura • 31/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A proposta do goberno local saíu adiante co apoio de AER e o concelleiro non adscrito. Con este acordo do pleno de Redondela dáse o primeiro paso cara a ese obxectivo de protexer e conservar este elemento único patrimonial, que pasará así a ser de recoñecemento galego. Tamén se adoptou o compromiso de que unha vez que a Danza das Penlas consiga ser declarada como B.I.C., tratarase de incorporar os demais elementos da festa da Coca a esa protección.


No último pleno do concello, aprobouse que o se inicie de oficio a solicitude para que A Danza das Penlas poida ser recoñecida como B.I.C. pola Xunta de Galicia, e así pasar a formar parte do Patrimonio Inmaterial protexido da nosa comunidade.


O argumento apra facer esta solicitude atópase na súa relevancia e singularidade en todo o territorio de Galicia. Hoxe en día só existe en Redondela.


"Unha danza feminina, bailada por gremios vinculados aos labores como as panadeiras e vendedoras, con esa orixe vinculada a mitos naturais, aos ciclos de renovación e da primavera, cargadas de simbolismo pagán que lograron sobrevivir aos tempos mentres outras simboloxías se difuminaron" explican dende a Concellería de Cultura.


Asemade, dentro dos acordos adoptados, tamén se tomou o compromiso de que unha vez que A Danza das Penlas consiga ser declarada como B.I.C. de Galicia, tratarase de incorporar os demais elementos da festa do Corpus e a Coca a esa protección.


Recoñeceuse tamén a colaboración da entidade Seren (Seminario de Estudos redondeláns) na elaboración da proposta elevada ao pleno.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: