www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

Nace "Son de Redondela", a primeira plataforma de apoio aos artistas locais
Cultura • 31/07/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación nace co obxecto de facilitar tanto a músicos como a colectivos a realización de actividades culturais, concertos ou festivais. Pedro Pérez é unha das cabezas visibles da Plataforma e anima a facerse socios e a participar da mesma. De xeito completamente gratuíto os interesados poden poñerse en contacto con eles a través do facebook Son Redondela.


A Plataforma Cultural de Artistas e Activistas "Son de Redondela" nace a raíz das diferente problemáticas que presenta o tecido cultural: festivais que se suspenden pola dificultade na súa organización, a aplicación da Lei de Espectáculos que incrementa os trámites e custe da organización dos eventos, a situación do local de ensaio.


Logo dunha reunión celebrada recentemente deciden organizarse como plataforma que dará servizo aos socios en cuestións variadas. Por exemplo buscar unha solución para o seguro obrigatorio que teñen que afrontar as asociación organizadoras de festivais ou facilitar aos músicos fórmulas para facturar os seu concertos...


Tamén teñen en mente propostas máis concretas como é a gravación dun CD "Artelixo" coa colaboración dos músicos e as bandas locais e a realización dun concerto o vindeiro 8 de setembro. Será "unha romaría que serviría para recadar fondos que se empregarían para gravar o CD" explican dende a Plataforma.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: