www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

A policía local aborta dúas liortas en Avenida Mendiño e nas inmediacións da discoteca Arroba
Sucesos • 28/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos producíronse entre as 6:45 e as 7:45 da madrugada do domingo. Afortunadamente non hai que lamentar consecuencias graves en ningún dos dous casos que se saldaron con desperfectos nun vehículo


O primerio dos avisos producíase ás 6:45 horas da madrugada do domingo cando un veciño alertaba dunha liorta nas inmediacións da discoteca Arroba, onde un home de 40 anos veciño de Reboreda, Pelayo A.D. estaba a enfrontarse cun grupo de mozos. Cando chegou a policía local ao lugar comprobou que os implicados na liorta causaran desperfectos nun vehículo Audi A3, estacionado no lugar e propiedade dun veciño de Soutomaior que presentou a denuncia correspondente.


Tan só unha horas despois, unha patrulla da policía desprazábase nesta ocasión ata as inmediacións do local A Fragua na Avenida Mendiño, logo de que tamén se recibise unha chamada que alertaba dunha nova pelexa. Neste caso eran dous mozos, Alexandre S.L. de 21 anos e veciños de Soutomaior e Antonio R.M. de 43 anos de Vilavella. Segundo as testemuñas, a liorta iniciouse cando Antonio lle recriminou a Alexandre que estivera a romper unha botellas de vidro.


O enfrontamento cesou coa chegada da Policía.

Comentarios
Veciña de Mnediño
Mércores 30 de Xuño de 2010 ás 17:49 horas
Pois a ver se desta rematan de romper botellas de cristal na sinmediacións da Fragua-La Fabrica os sábados noite. Somos moitos os que transitamos o lugar pois existen coléxios centro médico empresas praia etc. e a pesar de que últimamente pasan os barrendeiros sempre existe o risco de cortarse. Mendiño precisa mior vixilancia os sábados de noite estando limitada a velocidade a 30 pasan coches e motos moi por riba desa velocidade
terminator
Luns 28 de Xuño de 2010 ás 12:54 horas
pero non se estaba a pegar cos porteiros?ou o revés?
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: