www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Publicadas as bases para a concesión de axudas ás festas populares e gastronómicas de Redondela
Institucional • 2/08/2018
Autor: Ana Prieto

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) vén de publicar as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións ás comisións de festas populares, tradicioinais e gastronómicas de Redondela para este ano 2018. O crédito global do que dispón p Concello para outorgar as axudas é de 10.000 euros, e o prazo de solicitudes é de 20 días naturais a partires de mañá.


Segundo o extracto da convocatoria terán a consideración de beneficiarios as persoas que organicen a festa, e que deberán ser persoas xurídicas legalmente constituídas como asociacións, ou comisións de festas que cumpran cos requisitos da convocatoria. Tamén poden ser beneficiarios as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, a condición de que cumpran os requisitos. As axudas están dirixidas a festas tradicionais, populares e gastronómicas en todas as súas vertentes. Estas actividades deben ser iniciadas e finalizadas durante o ano 2018, entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018. A contía da subvención vén fixada en función dos días das festas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: