www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Concurso de gastronomía, música, actividades infantís e humor na Festa do Mexillón de Chapela
Sociedade • 8/08/2018
Autor: Ana Prieto

Fiel á súa cita esta fin de semana celébrase a Festa do Mexillón no paseo de Cardona. Arranca na tarde do venres cunha novidade: un concurso gastronómico de pratos elaborados con mexillón. O pregón a cargo do actor Sergio Pazos, a música folk de Pelica de Can, e as actividades para o público de todas as idades completan unha intensa fin de semana con xantar e bebidas a prezos populares.


Os amantes da cociña e do mexillón teñen unha cita este venres co primeiro Concurso de Pratos de Mexillón. Os interesados en participar poden inscribirse ata o xoves nas oficinas do Círculo Cultural Recreativo de Chapela ou a través da web www.chapela.org. Os gañadores recibirán premios en metálico que van desde os 50 ata os 150 euros. O presidente do Círculo, Emilio Sánchez, explica que nesta edición quixeron dar "un salto de calidade" e ampliar a programación da festa. O venres, despois do concurso gastronómico, actuará o grupo de música folk Pelica de Can. O sábado haberá actividades ao longo de todo o día, coa lectura do pregón a cargo de actor e humorista Sergio Pazos, que será ás 12.00. Ao longo da xornada haberá actividades para nenos e maiores con obradoiros, xogos e música coa actuación do grupo Cosa de Dos e o dúo Ricardo y Ana. O domingo haberá música folk coa participación dos grupos do C.C.R. de Chapela e festa da espuma. O obxectivo desta festa é exaltar un producto tan típico da ría como o mexillón, "con moito arrigo na parroquia de Chapela pola producción das bateas" e gozar dunha fin de semana festiva para todos os veciños e visitantes. Sánchez sinala que porán á venda uns 4.000 quilos de mexillón en diferentes especialidades, e que todos os podutos se venden a prezos populares. As racións ao vapor, en vinagreta, escabeche ou empanada de tripo a 3,50 euros, e en empanada millo a 4 euros. Todas as actividades se celebrarán no paseo marítimo de Chapela e baixo unha carpa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: