Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

O BNG de Soutomaior denuncia que o goberno local non convocou a mesa contra os incendios
Política • 9/08/2018
Autor: Ana Prieto

O Concello de Soutomaior, malia os graves incendios forestais sufridos o pasado ano, non convocou aínda a mesa contra os incendios forestais que se creou para abordar esta situación. O edil Manu Lourenzo sinala que esta situación demostra "a irresponsaiblidade" o alcalde Agustín Reguera.


A creación da mesa foi un acordo plenario acadado despois da vaga incendios do pasado mes de outubro. Lourenzo lembra que se trata dun mandato plenario proposto polo grupo municipal do BNG que foi aprobado por unanimidade nun pleno extraordinario. Na resolución contemplábase a creación dunha mesa de traballo para loitar contra o lume na que estiveran presentes ademais dos representantes dos grupos, expertos en medio ambiente, comunidades de montes e calquera outro axente que poidera axudar na prevención e loita contra os incendios, para que a grave situación do ano pasado "non se volva dar". O edil nacionalista lamenta que, malia a gravidade da vaga de incendios que mesmo puxeron en perigo a vida de varios veciños, o goberno local de Soutomaior "incumpriu unha vez máis os acordos plenarios e non convocou nin unha soa vez esta mesa para a loita contra o lume". Ante esta situación Lourenzo destaca que se trata dun feito "sen precedentes" que amosa a "irresponsabilidade" do executivo local. Advirte que os veciños descoñecen as franxas de protección, denuncia que non houbo actuacións de "mulching" ata varias semanas despois dos incendios, e que "continúa a haber perigo pola existencia de eucaliptos ao lado das casas". O Bloque de Soutomaior sinala que "a loita contra o lume é algo que debería unirnos a todos", e instou a Agustín Reguera a que cumpra coas obrigas do pleno e "deixe de antepoñer os intereses do PP por riba dos da veciñanza de Soutomaior".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: