www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

"Os Negros" proclamáronse campións do Torneo de Fútbol 7 organizado polo C.D. Choco
Deporte • 28/06/2010
Autor: Ana Prieto

Os do Porriño sorprenderon ó impoñerse na prórroga ós favoritos, o "Metal Moaña", por 2-1. Ata semifinais chegaran tamén o "Autos Regadas", que foron eliminados polos de Moaña por goleada, 1-5. "Os Negros" chegaran á final despois de superar ó equipo "O Cerviño" cun marcador de 3-2.


Nun ambiente de total deportividade disputouse esta fin de semana no Campo de Fútbol de Santa Mariña o Torneo de Fútbol 7 do C.D. Choco. O equipo "Os Negros" levou para O Porriño os 1.500 € do premio, despois de dar a sorpresa do campionato. Nunha final moi disputada impuxéronse ós favoritos, o "Metal Moaña", no que xogaban varios futbolistas de Segunda B. A final tivo que resolverse na prórroga, na que os da Louriña se impuxeron por 2-1. Mentres os subcampións fixéronse coa maioría dos premios, como o de mellor xogador ou equipo menos goleado.
Un total de 20 equipos participaron no torneo durante toda a fin de semana. Ata semifinais chegaran o "Autos Regadas", que foron eliminados polos de Moaña por goleada, 1-5. Os campións chegaran á final despois de superar ó equipo "O Cerviño" cun marcador de 3-2. Desde a organización do torneo valoraron moi positivamente o campionato, que se disputou nun ambiente de cordialidade e sen incidencias.
En canto ás novidades no CD choco, que prepara a próxima temporada en Preferente Autonómica, o club confirmou a continuidade do técnico, Julio Álvarez, e as fichaxes de Bruno, xogador procedente do Alondras, e Calo, do Bouzas. Do actual equipo renovou practicamente todo o cadro de xogadores agás Aitor Gómez, que fichou polo Alondras.

Comentarios
nxqbjAgdploLcWZrIB
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 22:24 horas
comment1,
apKvopEdefnntBPrwqE
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 22:07 horas
comment6,
XDEgKJSGlRFQRbBeG
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 21:48 horas
comment4,
PZHvqRPMHGSRbeHirKK
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 21:31 horas
comment2,
SAtofAoLwR
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 21:13 horas
pharma-mmmfvaxhz.txt;10
MUoQWgTv
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 20:56 horas
pharma-rvauuyhgb.txt;10
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: