www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

250 nadadores participarán na V Travesía a Nado San Simón
Deporte • 9/08/2018
Autor: Ana Prieto

Este sábado dispútase á quinta edición dunha proba de natación que xa se ten convertido nun referente da ría de Vigo. A distancia, 1.500 metros, e a espectacular paisaxe da Enseada de San Simón fan desta travesía unha cita moi atractiva. Esta medianoite pecjharase a inscripción con todas as prazas dispoñibles cubertas, con deportistas desde os 14 ata os máis de 70 anos de idade.


Desde a Asociaicón Deportiva CAR, organizadores do evento, amosan a súa satisfacción pola boa acollida que ten esta proba, e o recoñecemento dos participantes que cada ano se dan cita na praia da Punta, en Cesantes. O presidente do club, Francisco Otero, recoñece que son moitos os que felicitan a CAR pola organización desta travesía. O prezo da inscrición é de 8 euros e inclúe avituallamento, seguro de accidentes, gorro, obsequio conmemorativo, un aperitivo tras finalizar a travesía e premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademais esta proba deportiva, como todas as que organiza a asociación CAR, ten tamén unha vertente solidaria: 1 euros de cada inscrición irá destinado a Da Man, a Organización Galega polo Desenvolvemento. Trátase dunha ONG que naceu en Redondela e que traballa en diferentes proxectos en África.


II Trail do Berete


O club xa ten tamén en marcha a súa próxima actividade, o II Trail,Mini Trail e Andaina do Berete, que tera lugar o proximo 2 de septembro con saída e meta no pavillón de Chapela. O prazo de inscrición está xa aberto en https://championchipnorte.com.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: