www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Arranca o XXXVI Mundialito da Xunqueira
Deporte • 29/06/2010
Autor: Ana Prieto

A festa do fútbol sala comeza o xoves na pista da Xunqueira con 23 equipos participantes. O campionato, organizado polo club de Fútbol Sala en colaboración coa Concellería de Deportes, Umbro e a Cafetaría Aifos, celebrarase entre o 1 e o 31 de xullo.


Un total de 23 equipos -un menos que o pasado ano- participarán na XXXVI edición do Mundialito da Xunqueira. Este tradicional torneo de fútbol sala disputarase como cada verán na pista da Xunqueira, na modalidade "con vallas", o que convirte nun campionato diferente ós demais, que se xogan en pistas convencionais. Os partidos comezan estes xoves e prolongaranse todo o mes de xullo. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados, para o equipo menos goleado, ao mellor xogador e máximo goleador e o máis importante: o premio "á deportividade", como nos explicaba Xosé Manuel González, un dos organizadores, quen afirma que para os que busquen premios en metálico "xa hai outros torneos".
Nos equipos participantes hai tanto xogadores que militan na liga de fútbol sala de Redondela, Chapela, Vigo e Mos, e mesmo rapaces que militan en clubs de categorías superiores.
Dificultades económicas
Este campionato comezou a celebrarse en Redondela nos anos setenta, e xa é un veradedeiro referente deportivo na vila. Unha tradición que os organizadores se esforzan en preservar pese ás dificultades económicas que atravesa o club, "que son moitas", segundo explicaba Xosé Manuel González. Un traballo organizativo e de xestión que ven recompensado co que para eles é unha verdadeira "festa" do fútbol sala.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: