www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

O patrón maior reclama sancións exemplares para os implicados na pesca con dinamita
Sucesos • 29/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Sorpresa no pósito redondelán logo do arresto na xornada de onte de Juan Sobral Rival, o armador do Ferbea, un barco con base na confraría de Cesantes. O patrón maior Clemente bastos condena sen paliativos o uso de explosivos na pesca polas prexudiciais consecuencias que provoca no medio mariño

 


O arresto do armador Juan Sobral Rivas de 51 anos de idade e armador do Ferbea, barco con base na Confraría de Cesantes na xornada de onte colleu con sorpresa aos responsables do pósito, onde traballan un total de 18 embarcacións dedicadas á pesca de certo. Así o explicaba o patrón maior de Cesantes, Clemente Bastos quen asegurou que dende a confraría se condena de xeito unánime este tipo de prácticas que prexudican gravemente o ecosistema e pediu unha "sanción exemplar e severa" para os procesados. Con todo si puntualizou que as sancións deberían ser proporcionais ao delicto cometido


Bastos aseguraba que a detención lles "colleu por sorpresa" xa que no pósito daban por erradicada a práctica de empregar explosivos na pesca polas nefastas consecuencias que provoca no medio mariño. Con todo insistía en que a pesar das detencións realizadas pola garda Civil e a importante investigacións policial e xurídica que levou polo de agora a procesar a un total de 13 persoas, esta práctica ilegal só a realizan "unha parte moi minoritaria" de toda a flota.


A detención onte de Sobral Rivas dentro da operación Avó amplía a outros portos a rede de pesca con explosivos que ata o de agora se reducía a Vigo e Portonovo.


Ademais a investigación continúa aberta polo que non se desbotan novas detencións, aínda que gran parte das pescudas céntranse agora en coñecer cómo a dinamita chegaba a mans dos procesados. As investigación policiais e xudiciais apuntan a unha posible vía marítima para a introducción  do explosivo na comunidade galega. Consistiría en trasladar en barco a dinamita dende algún punto de Portugal para facer un transbordo en alta mar, posiblemente nalgún lugar ao norte de Viana de Castelo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: