www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Marcha para demandar a creación dunha vía verde entre Pontevedra e Arcade
Sociedade • 10/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, A Golpe de Pedal, Pedaladas e a Asociación Salinas do Ulló organizan este domingo día 16 unha marcha-manifestación a pé ou en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e a creación dunha vía verde ciclista e peonil entre Arcade e Pontevedra. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xa anunciou a súa participación no evento no que considera "unha xusta reivindicación".


A protesta terá dúas convocatorias. Por unha banda sairán os ciclista as 10:00 da mañá dende Pontevedra para chegar a Arcade ao redor das 11:30. A esa hora terá lugar unha concentración para seguir a pé polas vías do tren ata Figueirido.


No caso de desexar participar no percorrido que sae dende Pontevedra deberá realizarse unha inscrición previa a través do facebook de A Golpe de Pedal ou no enderezo agolpepedal@gmail.com


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: