www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Xornada de portas abertas para coñecer o novo instituto de Soutomaior
Institucional • 11/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O novo instituto público acollerá a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro aos seus futuros ocupantes e as súas familias, o Concello, en colaboración co equipo directivo, organiza unha xornada de portas abertas con visitas guiadas que se vai desenvolver na tarde do xoves 13, entre as 17:00 e as 20:00 horas. O equipo directivo acompañará a pais e alumnos durante un percorrido no coñecerán a fondo o novo centro de ensino.


As visitas comezarán a partir das 17:00 horas e terán unha duración aproximada de 30 minutos, polo que se realizarán varios grupos para que a visita sexa o máis cómoda posible para todos os participantes. Durante o percorrido polo centro o equipo directivo resolverá todas as dúbidas que os novos alumnos e os seus familiares poidan ter antes de comezar o curso.


Do mesmo xeito, os visitantes poderán comprobar os diferentes espazos cos que conta o centro ademais das aulas, laboratorios, ximnasio e outras espazos que albergarán xa neste curso 2018-2019 a uns 480 alumnos divididos en doce unidades de ESO e catro de Bacharelato. A construción do novo centro público de Soutomaior supuxo un investimentos de 5,3 millóns de euros da Consellería de Educación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: