www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O BNG de Soutomaior inicia unha campaña de recollida de sinaturas en defensa da sanidade
Política • 13/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Bloque inicia esta semana unha campaña de recollida de sinaturas para defender a sanidade pública no concello de Soutomaior. Esta actividade encádrase nas diferentes iniciativas que o BNG está levando adiante en defensa da sanidade pública do municipio e que se concretan en mobilizacións, convocatorias de plenos, iniciativas parlamentarias e mesmo emendas aos orzamentos da Xunta.


Esta campaña ten por obxectivo poñer de manifesto a demanda veciñal que existe para solucionar as carencias da sanidade pública no concello. Demandas como a falta de médicos e persoal auxiliar que padecen no municipio polo que fan un chamamento a toda a veciñanza para que asine en defensa da sanidade pública.


A campaña de recollida de sinaturas realizarase de dous xeitos, por unha banda, unha recollida de firmas en papel que os membros da organización realizarán por cada barrio do concello e pola outra unha campaña en soporte dixital a través da plataforma change.org.


Dende o BNG tamén denuncian o o que cualifican de "silencio cómplice do alcalde de Soutomaior" xa que dous meses despois de que se aprobara no pleno unha iniciativa que obriga ao alcalde a solicitar unha xuntanza dos tres portavoces corporación co conselleiro de sanidade "esa reunión sega sen ser convocada".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: