www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

A Comunidade de montes recupera o Lavapés de Saxamonte
Sociedade • 14/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A actuación realizada polos comuneiros permite recuperar un elemento importante do Camiño de Santiago que se atopaba deteriorado e invadido pola maleza. Os peregrinos poden xa refrescar os seus pés nesta fonte que ata o de agora non dispoñía de auga.


A comunidade de Montes realizou traballos de limpeza de maleza, cortáronse as pólas das árbores que se atopaban enriba área de descanso, colocáronse carteis para que os peregrinos coiden o lugar e se deposite o lixo en lugares apropiados.


O Concello colaborou con eles na recuperación do lavapés. Agora xa dispón de auga corrente que foi analizada e é potable polo que son centos os peregrinos que para a descansar nesta emblemática e fresca área de descanso, lavan os seus pes cansos do camiño e gozan dun fantástico entorno.


Dende a Concellería de obras Mª José Barciela salienta o "importante esforzo realizado pola Comunidade de Montes para recuperar este lugar na parroquia de Saxamonde".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: