www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Colectivos sociais reclaman a creación dunha vía verde cunha marcha reivindicativa
Sociedade • 14/09/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Golpe de pedal, Pedaladas e a Asociación Salinas do Ulló están detrás desta convocatoria que demanda a creación dunha vía verde entre Pontevedra e Arcade polas antigas vías de tren en desuso. Por este motivo, co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, organizan este domingo día 16 unha marcha-manifestación a pé ou en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e a creación dunha vía verde ciclista e peonilentre as dúas localidades.


Lembran que no caso do tramo entre Redondela e Vigo este proxecto estaría xa en marcha logo de que  Fomento cedera a cada un dos concellos o uso das antigas vías pero que ese paso aínda non se logrou no que é o tramo que vai dende Arcade ata a capital da provincia.


A protesta terá dúas convocatorias. Por unha banda sairán os ciclista as 10:00 da mañá dende Pontevedra para chegar a Arcade ao redor das 11:30. A esa hora terá lugar unha concentración para seguir a pé polas vías do tren ata Figueirido.


No caso de desexar participar no percorrido que sae dende Pontevedra deberá realizarse unha inscrición previa a través do facebook de A Golpe de Pedal ou no enderezo agolpepedal@gmail.com


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: