www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

Terceiro "luns negro" en Cedeira para protestar polos recortes educativos
Sociedade • 1/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A comunidade educativa non desiste e mobilízanse novamente hoxe enviando aos nenos e nenas vestidos de loito ao colexio. Unha acción reivindicativa que se completará esta tarde ás 20:00 horas cunha nova protesta ás portas do concello para esixir a reposición do profesor que a Consellería eliminou no inicio do curso. Insisten en que a falta dese mestre supón un importante prexuizo para o centro que non pode atneder axeitadamente todas as necesidades educativas do alumnado.


Lembramos que malia aceptar a Xunta manter as dúas liñas en sexto de primaria, é dicir, os nenos e nenas dese curso, cun elevado número de rapaces con necesidades especiais, continuarán en clases separadas, a Consellería négase a repoñer o profesor que eliminaron no centro. Recoñecen os pais que si lles conceden un profesor a media xornada pero insisten en que esa non é solución. Non queren din "parches nin medidas a medias, queremos que os nosos fillos teñan o profesor que segundo os informes precisan" e insisten en que non piden máis que o que lles quitaron.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: