www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Os alumnos do obradoiro de emprego arranxarán o paseo peonil da Portela
Institucional • 3/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Arrancaba esta semana o obradoiro Redempreg@ promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co concello de Redondela que formará durante seis meses a un total de 16 persoas menores de 30 anos nas especialidades de deseño gráfico e carpintaría e vernizado. Este alumnado encargarase de arranxar os desperfectos  do paseo peonil Punta Socorro e do río Pexegueiro coa aplicación de diferentes tratamentos con varnices e lacas, así como o deseño de campañas publicitarias para as distintas áreas do Concello.


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurou o curso de formación orientado a menores de 30 anos que formará a un total de 16 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e carpintaría e vernizado ao longo de seis meses.


O representante autonómico, quen estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas, animou ao alumnado destes talleres a "aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo", fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego con 135 millóns de inversión en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral.


En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de "seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica". Así, subliñou que dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo.


Respecto ao Redempreg@, a Administración autonómica destina a este taller, no que se formarán 16 alumnos en deseño gráfico e carpintería e vernizado en exteriores, máis de 154.000 euros. Entre as propostas, figuran o arranxo de desperfectos e tratamentos con varnices e lacas do paseo peonil Punta Socorro e do Pexegueiro e a realización de mobiliario urbano, así como o deseño de campañas publicitarias para as distintas áreas do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: