www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

O extenente Luís Gonzalo Segura presenta en Redondela "El libro negro del ejército español"
Cultura • 3/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Colectivo Repúblicano de Redondela organiza este venres día 5 ás 20:00 horas, na Aula de Pintura do Multiusos da Xunqueira, a presentación do libro "El libro negro del ejército español", que corrrerá a cargo do propio autor, o extenente do exército de terra, Luis Gonzalo Segura.


Luis Gonzalo Segura fora expulsado do Exército de Terra por denunciar corrupción, abusos e privilexios anacrónicos. El é o autor do ensaio "El libro negro del Ejército español (outubro de 2017)" e as novelas "Un paso al frente (2014)" e "Código rojo (2015)".


Segundo o seu autor, "este libro é o único ensaio crítico que existe nas forzas armadas, recollendo unha serie de datos e elementos sen os cales a cidadanía non pode saber que existe un problema dentro das forzas armadas que lle afecta directamente (mortes por neglixencias, ducias de miles de euros desperdiciados en material que non se precisa, corrupción sistémica, abusos e acosos, privilexios anacrónicos, uns órganos de control cómplices e unha cúpula militar neglixente . . . ).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: