www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

A biblioteca de Chapela levará o nome da poeta Xela Arias
Cultura • 4/10/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O nome da poeta e tradutora Xela Arias foi a elección do xurado logo de avaliar as 16 propostas presentadas tanto por particulares como por colectivos. Neste caso a proposta chegaba dende a Biblioteca do Instituto da parroquia para homenaxear a unha muller que fora profesora nese centro e cuxo prematuro falecemento, con tan só 41 anos, non impediu que deixara publicados un total de catro poemarios sendo os máis coñecidos Tigres coma cabalos e Darío a diario.


Logo dun proceso de presentación de candidaturas e de valoración por parte do xurado, agora queda pendente a súa aprobación oficial no pleno, aínda que xa podemos confirmar que Biblioteca de Chapela parará a chamarse Biblioteca Xela Arias. Unha elección que recolle todos os requisitos previstos. Que fóra o nome dunha muller, vinculada co mundo da cultura e a maiores, neste caso trátase dunha persoa que está vencellada tamén coa parroquia, xa que exerceu como profesora no Instituto de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: