www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O Goberno investirá máis de 4 millóns de euros nas pantallas acústicas para Chapela
Política • 2/11/2018
Autor: Ana Prieto

O Goberno central está a tramitar xa os proxectos de colocación de pantallas antirruido e as obras de reposición e mellora dos camiños afectados polas obras da autoestrada en Redondela. Veciños de Chapela e Trasmañó levaban anos agardando por estes compromisos, que suman un investimento de máis de sete millóns de euros.


A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, reuniuse o pasado mércores coa Plataforma de Afectados pola ampliación da AP-9 e o alcalde, Javier Bas. Na xuntanza informounos sobre a situación na que se atopan estas reclamacións comprometidas xa polo anterior goberno popular. Segundo a subdelegada, a actuación foi posible "unha vez aprobada polo Consello de Ministros a adenda ao convenio da AP-9". Larriba destacou o "desbloqueo" das dúas actuacións. Sobre a suspensión da peaxe, a subdelegada remitiuse á próxima celebración da reunión da comisión de seguimento, formada por Audasa, Xunta e Fomento. Os veciños tamén insisten noutras reclamacións históricas da parroquia, como a saída en Fonte da Fraga, a conexión a través de Pousadoira ata Catro Pontes, e o tramo urbano desde Torres de Padín a Vigo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: