www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Xunta e Concello de Fornelos de Montes colaboran na ampliación e melloras da casa consistorial
Institucional • 5/11/2018

Ao abeiro da Orde de Infraestruturas fixéronse diversas melloras na casa consistorial, que consistiron na ampliación e melloras das dependencias e cambio da cuberta, que contaron cunha axuda de preto de 60.000 euros. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou hoxe os resultados dos traballos levados a cabo da man do alcalde, Emiliano Lage.


Rueda certificou o resultado das obras levadas a cabo na casa consistorial do concello. Concretamente ao abeiro da Orde de axudas fixéronse diversas melloras na casa consistorial, que consistiron na ampliación e melloras das dependencias do concello e cambio da cuberta. Entre ambas actuacións recibiron por parte do Goberno galego axudas que por importe de case 60.000 euros. As obras realizáronse ao abeiro dunha orde de axudas da Xunta que pretende apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. E que para o ano que vén conta cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30%. A través desta orde fináncianse actuacións que redundan directamente na cidadanía, xa que é unha liña de subvencións que ten como principal obxectivo mellorar as condicións de vida dos veciños, coa mellora das dotacións e equipamentos destinados á prestación de servizos municipais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: