www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018

O Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy entrega os premios do Concurso de Fotografía
Cultura • 23/11/2018
Autor: Ana Prieto

O Círculo Cultural Deportivo de Cesantes acolle este domingo, día 25, a entrega de premios do XIII Concurso de fotografía que organiza o colectivo, coa inauguración da mostra e a proxección dun documental. Haberá música co actuación do grupo "Lembranzas moañesas".


O premio á mellor fotografía na edición deste ano é para Ricardo García coa imaxe "Las extrañas amistades". Na categoría xuvenil o 1º premio recíbeo Andrés González Cabaleiro coa fotografía "Olvido" e o 2º Noa Xisto Cobas, con "Reflexos". Na categoría para adultos resultou gañador Javier Yarnoz Sánchez, coa imaxe "Otros tiempos", e o segundo premio é para Irene Míguez Martínez coa fotografía titulada "A man que me deu de comer". O acto comezará ás 18.00 horas, e contará coa proxección do documental "O choco de Redondela" e a actuación musical do grupo "Lembranzas moañesas". A exposición coas imaxes do XIII Concurso de Fotografía estará aberta ata finais de ano.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: