www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018

Artesanía galega, o mellor agasallo de Nadal
Sociedade • 4/12/2018
Autor: Ana Prieto

Os vindeiros días 15 e 16 de decembro Redondela acolle a súa tradicional Feira de Artesanía de Nadal. Unha trintena de postos repartiranse pola rúa Ribeira para ofrecer os seus produtos cun amplo horario: de 10 a 22 horas o sábado, e de 10 a 21 horas o domingo.


Jesús Crespo, concelleiro de Feiras e Mercados, anima aos veciños a achegarse a esta feira na que participarán artesáns de Redondela e doutros puntos de Galicia. Ademais tamén haberá presencia de asociacións sen ánimo de lucro, como Lenda, que ofrecerán tamén os seus produtos artesanais. Artesanía en coiro, madeira, papel, cerámica, vidro ou metal que se poden converter nese agasallo especial para estas festas. As persoas interesadas en instalar un posto deben presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello. O prazo de inscrición remata mañá, día 5, e as bases pódense atopar na web do Concello.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: