www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Fomento anuncia as primeiras expropiacións en Chapela para a ampliación da AP-9
Sociedade • 14/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Ministerio prevé expropiar 30 propiedades en Chapela e Rande para a construcción do terceiro carril na autoestrada. Os afectados teñen 30 días de prazo para presentar alegacións


O ministerio de Fomento publicou onte martes no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación inicial do proxecto de construcción da ampliación da capacidade da autoestrada no tramo que vai dende Cangas e Teis cun orzamento de licitación de 170 millóns de euros.


Un anuncio que afecta de cheo á parroquia de Chapela xa que segundo se recolle no BOE serían un total de 30 as propiedades a expropiar polo Ministerio cunha superficie conxunta de 4.600 metros cadrados. Na lista hai trece parcelas de solo residencia, unha industrial propiedade da empresa Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. e o resto para cultivo ou mato. Os afectados teñen agora de prazo un total de 30 días para presentar alegacións antes de que se aprobe o trazado de xeito definitivo.


A obra orzamentada inclúe o desdobramento da ponte así como un terceiro carril en cada sentido da marcha que terá unha anchura de 3'5 metros e o obxectivo de fomento sería iniciar as obras no vindeiro ano para que a ampliación puidese entrar en servizo no ano 2014.

http://www.boe.es/boe/dias/2010/07/13/pdfs/BOE-B-2010-24917.pdf

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: