www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A muller máis anciá de Soutomaior celebra os seus 101 anos
Sociedade • 14/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Aurelia Protela, quen herdou a súa lonxevidade da súa nai quen chegou a cumprir os 102 anos de idade, celebrou na xornada de onte o seu aniversario acompañadas dos seus achegados e do propio alcalde, Agustín Reguera.


Familiares de Aurelia Portela Lorenzo e o propio alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asistiron na xornada de onte as celebracións do 101 aniversario da muller, quen se converte así na de maior idade do concello.


Aurelia Portela presume de boa saúde en xeral, a pesar de arrastrar algúns problemas de audición e vista e afirma que herdou a súa lonxevidade da súa nai, quen chegou a cumprir os 102 anos de idade.


Nacida un 13 de xullo do ano 1909 no mesmo concello no que reside e no que discorreu toda a súa vida, viviu dúas guerras mundiais e unha civil.


Presume de tener catro fillos, once netos e doce bisnetos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: