www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Xuño de 2019

Pazos de Borbén perde 276.000 euros en investimentos
Institucional • 31/12/2018
Autor: Lorena Otero

A falta de apoio dos grupos da oposición impediron que saíse adiante dúas actuacións no municipio dirixidas a mellorar a seguridade viaria na contorna do colexio e o centro de saúde así como a humanización do Torreiro de Moscoso. Obras que estaban financiadas pola Deputación de Pontevedra e que o goberno local cifra en 276.000 euros.


As dúas actuacións propostas polo goberno local estaban incluídas dentro da liña de subvencións do Plan Concellos da institución provincial. A primeira actuación prevía a mellora da seguridade viaria na contorna do colexio, a Casa do Concello e o centro de saúde mediante a creación de novas beirarrúas, a renovación do pavimento, a instalación de varandas e elementos de seguridade, así como diversas melloras nas redes dos servizos públicos instalados como a iluminación e o saneamento. O segundo investimento tería lugar na praza do Torreiro de Moscoso, onde se celebra a festa da chula. O proxecto contemplaba unha enovación do espazo mediante a substitución do pavimento actual, composto principalmente por unha capa de asfalto, por outro tradicional e acorde co conxunto, realizado en pedra do país. Ademais, estaba previsto ampliar a rede de iluminación pública neste punto e mellorar o resto de canalizacións dos servizos públicos. Actuacións que non saíron adiante ante o voto en contra dos concelleiros de Alternativa Veciñal, o PSOE e a edil non adscrita, Lorena Domínguez.


O alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, acusa a oposición de “irresponsable ao antepor os seus intereses electorais ás necesidades dos veciños”.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: