www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A Xunta advirte a Fomento das importantes afeccións da ampliación da AP-9 en Chapela
Institucional • 15/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de infraestruturas entende que o Ministerio debería ser sensible a estas afección e entende prioritaria a alternativa a Rande antes de ampliar a autoestrada

 


Os veciños da asociación de afectados pola ampliación da AP-9 en Chapela veñen de atopar un aliado no Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández. O popular afirmou onte que na ampliación da AP-9 se debería ter en conta o evidente impacto que terá o terceiro carril  "tanto na zona urbana de Redondela en Chapela como en Teis".


O conselleiro reclamou ademais unha autovía gratuíta e alternativa á AP-9 por considerar que é mais urxente impulsar este obra antes que plantexar outras actuación na propia Autoestrada do Atlántico. Asegurou ademais estar moi preocupado polas noticias que falan de atrasos e reformulación na coñecida como A-57 que debería comunica Pontevedra e Vigo pero que tamén afectaría de cheo ao noso municipio.

Comentarios
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 15 de Xullo de 2010 ás 23:04 horas
Se informa a partidos políticos e medios de información que a Plataforma Cidadá de Redondela contra a A-59 e a Asociación de Afectados pola ampliación de Rande: 1.- apoianse e solidarizanse mutuamente. 2 non entenden que a salvación de un é a condena do outro e 3 Non son aliados de ningún político nin partido a pesar do que erronemente se manifesta neste información e do que a moitos lles gustaría.
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 15 de Xullo de 2010 ás 22:58 horas
Xa me coñecedes e sabedes que son membro da Plataforma Cidadá de Redondela. Decir que "Os veciños da asociación de afectados pola ampliación da AP-9 en Chapela veñen de atopar un aliado no Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas Agustín Hernández\\\" é faltar a verdade e ignorar o acordo do Consello Parroquial de Chapela aprovado polo Pleno Municipal. O Fomento do PSOE e a Consellería de Infraestructuras do PP están a xogar a dividir aos veciños deste concello. Ambos máis o BNG perseguen e traballan para o mesmo: satisfacer o volume de negocio das empresa multinacionais construtoras do Estado Español para que sigan gañando tanto ou máis a psar da crise a toda costa ainda que sexa a conta de infraestructuras que non resolven nada e que crearan máis problemas sobre todo as arcas públicas cando aos cidadáns se nos está forzando a o recorte de salarios nos xubilemos máis tarde que nos vaiamos do trasballo cunha man diante e outra detrás etc. Tamén todos incluido menistros e Conselleiros e concelleiros e alcaldes manifestades ignorar o Informe de Estudio da A-59 na que o mesmo recoñece que a construcción da A-59 non resolve en nada o embotellamento en Rande. Nos paises civilizados de Europa neses que se fixa tanto ZP para retrasar a idade de xubilación existen Estudios contrastados de multiples expèrtos que demostran que a máis carris máis coches a máis infraestructuras mási coches e propoñen que a mellor solución a saturación do tráfico e incidir en medidas que diusadan ao cidadán de coller o coche e motivalo a empregar medios de transporte colectivo máis económicos e eficientes. Os informes europeos detectan que ampliar ou construir novas infraestructuras supón un foco de atracción para máis conductores. Por outra banda se o Conselleiro recoñece que a amplicación de Rande supón un grande impacto debe pensar que a A-59 é un roteiro de senderismo ou unha pasrela de madeira como a da Portela.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: