www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Homenaxe a Suso Vaamonde na praia de Arealonga
Cultura • 16/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A música segue a ser a gran a protagonista das Noites Máxicas cun concerto en homenaxe ao cantautor galego Suso Vaamonde no areal de Chapela o sábado ás 22:00 horas. Hoxe celebrarase unha mostra folclórica coa presenza dos grupos Flores Mareliñas, Casa de Andalucía e Mercé de Chaira

 


Logo da xornada de baile que se vivía o mércores en Redondela cun total de 300 danzantes procedentes das agrupacións de baile galego de distintas parroquias do municipio, as actuación das Noites Máxicas desprázanse agora a Chapela.


Así, hoxe venres vivirase unha nova xornada de baile folclórico na praia de Arealonga cos grupos Flores Mareliñas, Casa de Andalucía e o grupo folclórico Mercé de Chaira de Tui. Actuarán a partir das 22:00 horas no areal de Chapela.


E xa o sábado a protagonistas será a música na homenaxe que diferentes intérpretes lle farán a Suso Vaamonde, cantautor con moitos vínculos en Chapela e que nos deixaba hai xa dez anos. Tamén en Arealonga será este concerto onde se escoitará a Anxo Angueira, Marcos Campos, Tino Vaz ou Leo de Matamá entre outros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: