www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Xaneiro de 2019

Xurxo Constela imparte unha charla en Estacas sobre os "chozos" achados nesta parroquia
Cultura • 10/01/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Centro Social de Estacas, en Fornelos de Montes, acolle este venres día 11 ás 18.00 horas a presentación do inventario do patrimonio cultural da parroquia. O acto contará coa presenza como relator do arqueólogo Xurxo Constela, da Citania, que analizará o importante conxunto arqueolóxico descuberto recentemente na zona composto por unha trintena de "chozos".


Estes chozos presentan unha arquitectura moi particular, xa que lembran a un dolmen, malia que a súa datación é posterior. Para realizalos os seus creadores aproveitaban as rochas e os seus ocos para construír este refuxio.


O elevado número de chozos atopados, aínda por inventariar, fai pensar que se podería tratar incluso dunha aldea.


Ademais, na súa contorna tamén se localizou un "foxo de lobo" dobre ou de converxencia, cunha planta en "w" con dous corredores e dúas trampas, que se atopa en perfecto estado de conservación, ademais de cinco grupos de petróglifos e un antigo neveeiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: